alopoliploidia
alopoliploidia
(< alo- + -poliploidia)
-
s
f
[XEN]
Poliploidia estable que resulta da suma e da combinación de xogos de cromosomas de igual número de dúas ou máis especies diferentes, como consecuencia dunha hibridación e posterior multiplicación das dotacións cromosómicas procedentes das distintas especies. O alopoliploide seméllase ás especies proxenitoras, pero non se pode reproducir con ningunha delas; é por isto que se considera unha especie totalmente nova e así a alopoliploidía denominouse evolución instantánea. Este fenómeno ten lugar, case exclusivamente, no reino vexetal e a súa importancia na agricultura, xa que gran parte de especies cultivadas son variedades obtidas por alopoliploidia.
-
[XEN]
alopoliploidia segmentaria