aloxamento
(< aloxar)
-
s
m
Acción e efecto de aloxar ou aloxarse.
Ex: O aloxamento dos visitantes corre a cargo do concello.
-
s
m
Lugar onde un está aloxado.
Ex: Conseguimos un aloxamento bo en Vigo.
Sinónimos: pousada. -
s
m
[HIST]
Pousada que a poboación civil estaba obrigada a proporcionar aos soldados en tempo de guerra. Nos ss XV e XVI os soldados só podían ser admitidos en casas particulares cando na localidade non había pousada ou castelo, e os gastos tiñan que correr a cargo dos particulares. Nos ss XVI e XVII este xeito de acuartelamento provocou choques entre os soldados e a poboación local, xa que as tropas provocaban saqueos, roubos e asasinatos. Con motivo dos numerosos incidentes, no 1630 unha xunta de xurisconsultos sentou xurisprudencia para que a poboación rural estivese obrigada a acoller os soldados nas súas casas (o estamento aristocrático, eclesiástico e os cidadáns estaban exentos da carga do aloxamento). No s XVIII cumpría trocar a obrigatoriedade do aloxamento por un tributo dunhas 15.000 libras ao ano, existindo ademais un acordo entre veciños e oficiais polo cal os primeiros pagaban aos segundos un canon mensual para buscaren aloxamento alternativo. O exército foi limitando o sistema do aloxamento e establecendo cuarteis nos puntos do seu interese. A obriga do aloxamento a militares permaneceu ata os nosos días.
-
s
m
[TECNOL]
-
Parte do soporte onde se encaixa o anel exterior das chumaceiras de rodamento.
-
Cavidade practicada nunha peza susceptible de aloxar total ou parcialmente outra peza. Aplicado, por exemplo, ás cavidades traballadas na superficie de certas pezas fixadas con parafusos, para que as cabezas destes non sobresaian do plano da superficie.
-