Alpiarça

Alpiarça
[PREHIST]

Cultura que se desenvolve durante a fase antiga da Idade do Ferro (ss VII-IV a C) no centro de Portugal. Caracterízase arqueoloxicamente pola presenza de enxovais con brazaletes múltiplos de bronce, vasos con remate rugoso e furnas de gola cilíndrica. A presenza de elementos semellantes en niveis fundacionais dos castros do noroeste, obriga a reconsideralo como un fenómeno cultural autónomo.

Palabras veciñas

alpha | Alpha | Alphen, Hiëronymus van | Alpiarça | Alpicat | Alpine Club | Alpinia