Alpujarras, Las

Alpujarras, Las

ou La Alpujarra Comarca de Andalucía situada entre as provincias de Granada e Almería. É unha longa depresión entre Serra Nevada ao N e as serras de Contraviesa e Gádor ao S. Está drenada polos ríos Andarax, Guadalfeo e Adra. A máxima altura atópase no Mulhacén (3.478 m). As poboacións máis importantes son Trevélez, Capileira, Pampaneira, Lanjarón, Orgiva e a capital da comarca, Ugíjar. Son terras de viña, oliveiras, gandería ovina e minas de ferro.

Palabras veciñas

alportiano -na | Alptigīn | alpujarra* | Alpujarras, Las | Alpujarras, Revolta das | alqueiro | alquenilo