alquino

alquino
s m [QUÍM]

Nome xenérico dos hidrocarburos acíclicos que teñen nas súas moléculas un enlace triple. As súas propiedades son as xerais aos compostos da serie acetilénica. Os alquinos, de fórmula xeral CnH2n-2, denomínanse substituíndo no nome do alcano correspondente ao sufixo -ano polo sufixo -ino e indicando, se cómpre, cun número o máis pequeno posible a posición do tripla enlace.

Palabras veciñas

alquimista | alquinal | alquinilo | alquino | alquitara | alquitarar | alruna