Alto da Igrexa, petroglifo do
Alto da Igrexa, petroglifo do
Situado na parroquia de Coruxo (Vigo), no rueiro do Fragoselo, está próximo ao coñecido petroglifo de Pedra Moura. Identifícanse neste grupo unha serie de varios círculos concéntricos con coviña central unidos por sucos de gran profundidade, así como varias coviñas illadas.