Alto del Perdón

Alto del Perdón

Monte do tramo navarro do Camiño Francés tamén chamado de Undáin ou de la Reniega. Situado 11 km ao SO de Pamplona en dirección a Puente la Reina entre as localidades de Astráin e Uterga, ten unha altitude de 734 m. A tradición xacobea recolle a concesión de indulxencias aos peregrinos que chegaran ao seu cumio.