alusión

alusión

(

  1. s f

    Acción e efecto de aludir.

    Ex: A alusión ós problemas internos da empresa sobraba.

  2. s f

    Palabra coa que se alude.

    Ex: Fixo tres alusións directas ás acusacións que lle fixeran.

  3. s f [LING]

    Figura que consiste en evitar un signo lingüístico e remarcalo ao mesmo tempo por medio dalgunha expresión que indirectamente o conecta e suxire. O efecto prodúcese, ben por alegorías ou referencias míticas, ben por metáforas ou outros procedementos.

Palabras veciñas

alundo | alunita | alunóxeno | alusión | alusivo -va | alustrar | alustro