Álvaro Paradela, Premio de Narracións

Álvaro Paradela, Premio de Narracións

Creouno en 1994 Carlos Perille Publicidade e convócao a Sociedade Artística Ferrolana. O premio consiste nunha placa conmemorativa e na publicación do relato gañador na revista Poesía Galicia (O Ferrol). En 1995, resultou gañador Ramón Loureiro por O miragre de Escandoi, e en 1996 Daniel Prieto Seijo recibiu o galardón por O intre.