Alvite
Alvite
-
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica. Este topónimo procede do xenitivo dun nome de posesor de orixe xermánica Alvitus formado por alls ‘todo’ + wit(t) ‘entendemento, agudeza’. Documéntase no século XIV: “Johan Eannes d’Aluyte” (doc ano 1335, Onomástica persoal do noroeste hispano de E. Rivas Quintas, p 514).
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe distinguida á que pertenceu Antonio Ozores de Alvite casado con Mariana Ozores, terceiros condes de Priegue ( Ozores). As súas armas levan, en campo de azur, unha torre de ouro, cun guerreiro armado tocando unha trompeta de ouro.