Alzheimer, enfermidade de
Alzheimer, enfermidade de
[PAT]
Enfermidade dexenerativa do sistema nervioso central que representa o tipo máis frecuente de demencia presenil. Consiste nunha atrofia difusa do cerebro, no que se forman unhas placas senís, que corresponden a depósitos de amiloide localizados sobre todo na codia cerebral, e unhas alteracións fibrilares, denominadas de Alzheimer. Máis frecuente nas mulleres, comeza entre os 50 e os 60 anos de vida, ten unha evolución de 4-8 anos e remata con trastornos neurolóxicos, demencia total, caquexia e morte do individuo. Forma parte do grupo de enfermidades abiotróficas.