Amaltea
Amaltea
[MIT]
Cabra que aleitou a Zeus neno no monte Ida, en Creta. Mentres xogaba con ela, Zeus tronzoulle unha das cornas, que lle ofreceu o deus ás ninfas, prometéndolles que a iría enchendo con todo aquilo que elas desexaran. É unha das orixes míticas da corna da abundancia.