Amancio/Amancia

Amancio/Amancia
[ONOM]

Nome procedente do latín Amantius e este derivado do participio de presente do verbo amare, isto é, amantem ‘que ama’. Existen sete celebracións diferentes para santo Amancio de Rodez (s V): 10 de febreiro, 19 de marzo, 8 de abril, 6 de xuño, 10 de xuño, 26 de setembro e 4 de novembro.

Frases feitas

  • Tranquilo coma Amancio. Persoa que é moi paciente e que non se altera con facilidade.

Palabras veciñas

amancebar | Amancio | Amancio de Rodez, santo | Amancio/Amancia | amandar | Amandi | Amandi