amasadura

amasadura

(< amasar)

  1. s f

    Acción e efecto de amasar.

    Ex: A masa ten que recibir unha boa amasadura e logo hai que deixala levedar.

    Sinónimos: amasillo.
  2. s f [ALIM]

    Porción de fariña que se amasa dunha soa vez.

    Ex: Hoxe o pan non saíu moi bo porque a amasadura non tivo tempo dabondo para fermentar.

    Sinónimos: amasillo.

Palabras veciñas

amartiocentrismo | Amaryllis | amasada | amasadura | amasar | amasillo | amasio -sia