amaurose
amaurose
(< gr ἀμαύρωσις‘escurecemento’ < ἀμαυρός ‘escuro’)
s
f
[PAT]
Perda total ou parcial da visión dun ollo ou dos dous, en especial cando aparentemente non existe sinal de alteración ocular senón que está producida por lesión na retina, no nervio óptico ou no encéfalo. Pode ser permanente ou pasaxeira.