ámbar

ámbar

(< ár ‘anbar ‘cachalote’‘ámbar gris que se forma no intestino do cachalote, no Océano Índico’)

  1. s m [MINERAL]

    Resina fósil de diversas coníferas. É amorfo, fráxil, de dureza 2, amarelo mel, avermellado e ás veces tamén azul ou verdoso, transparente ou translúcido. Fúndese a uns 300°C e quéimase desprendendo un olor agradable. Se se refrega, electrízase negativamente. Pode conter fósiles en inclusión, especialmente insectos arborícolas, que quedan moi ben conservados; posto que os filóns principais se atopan no Oligoceno inferior, grazas ao ámbar coñécese parte da fauna de pequena medida do Terciario. Utilízase para a fabricación de obxectos de ornamentación.

  2. ámbar gris [QUÍM/IND]

    Substancia de consistencia cerosa, de cor gris negra e con olor de almiscre, situada no tubo dixestivo dos cachalotes e doutros cetáceos mariños, que a expulsan xunto coas materias fecais, e tamén ao flotaren polos mares tropicais, en masas de 14 a 15 kg. Os seus principais constituíntes son: o colesterol (80%) e a ambarina. Emprégase en perfumería como fixador e como tintura.

  3. ámbar negro [MINERAL]

    acibeche.