Amboise, Conxura de
Amboise, Conxura de
[HIST]
Conspiración dos hugonotes que tivo lugar no 1560 durante as guerras de relixión francesas, aproveitando a minoría de idade do Rei Francisco II. Godofredo de Barri de la Renaudie, cabeza hugonote da conspiración, pretendía substraer a Francisco II da influencia do Partido Católico, capitaneado por Francisco I de Lorena. O complot denunciouse e La Renaudie morreu.