ameboide

ameboide

(< ameba)

  1. adx [BIOL]

    Tipo de movemento que presentan principalmente as amebas e algunhas outras células (mixamebas, leucocitos, etc), provocado pola emisión de pseudópodos. O movemento ameboide vai ligado á fagocitose.

  2. adx [BIOL]

    Semellante a unha ameba nos seus movementos, cambios de forma ou morfoloxía xeral.

Palabras veciñas

amebiase | amébido -da | amebocito | ameboide | amece cristiano | amece moro | amecedalla