ameixón

ameixón
  1. s m [ANIMAL]

    Molusco bivalvo de 8 a 11 cm de ancho, de valvas ovadas, regulares e moi grosas, con numerosas liñas de crecemento moi finas, de coloración marrón avermellada e con franxas máis claras dispostas radialmente, de aspecto liso e pulido. Vive enterrado na area ata 150 m de profundidade no Atlántico, dende as Illas Británicas ata as Islas Canarias, e tamén no Mediterráneo.

  2. s m [ANIMAL]

    rabioso.

  3. s m [ANIMAL]

    saltón.

  4. s m [ANIMAL/ICT]

    angula.

Palabras veciñas

Ameixide | ameixoa | ameixola | ameixón | ameixúa | Amekni | Ameland