América do Norte

América do Norte

Subcontinente formado pola parte setentrional de América, ao N do istmo de Tehuantepec; practicamente, estableceuse o límite entre América do Norte e América Central na fronteira de México con Guatemala e Belice. Seguindo, pois, criterios económicos, políticos e culturais denomínase América do Norte o conxunto de rexións americanas ao N do Río Grande do Norte, con exclusión das illas do Caribe.