América-Galicia
América-Galicia
[PUBLIC]
Revista mensual xurdida na Coruña en 1921 e subtitulada “Revista Comercial Ilustrada Hispanoamericana”. Foi a continuadora do Boletín de Casa América Galicia (1920) editado tamén na Coruña. Colaboraron nela Lois Peña Novo e Ramón del Cueto, entre outros. Contiña publicidade, novas sobre América e Galicia na súa sección “Informaciones americanas” e datos sobre publicacións e premios. A partir de setembro de 1922 pasará a chamarse Revista de Casa América-Galicia.