American Institute of Aeronautics and Astronautics

American Institute of Aeronautics and Astronautics
Nome científico: [AIAA]

Sociedade de científicos e técnicos dedicados á tecnoloxía aeroespacial e materias afíns, con sede en Nova York. Fundada no ano 1963 como resultado da fusión da American Rocket Society e do Institute of Aerospace Sciences. É a asociación máis importante dedicada á astronáutica. Entre as súas publicacións destacan: Astronautics and Aeronautics, AIAA Journal, Journal of Aircraft e Journal of Spacecraft and Rockets.