Amfípolis
Amfípolis
Colonia ateniense fundada no século V a C na costa de Tracia, ao Norte do mar Exeo, en función da riqueza aurífera do seu interior. Conquistada no ano 424 polos espartanos, foi devolta a Atenas despois da Paz de Nicias. No ano 350 foi conquistada por Filipo II de Macedonia. Na época helenística foi capital dun estado independente.