amhárico -ca
(< Amhara)
-
adx
Relativo ou pertencente aos amharas.
-
s
[ETN]
Individuo dun pobo abisinio dominante en Etiopía. Presentan as características físicas dos etíopes. Habitan o centro e o norte do altiplano. Son agricultores e gandeiros, e falan amhárico, unha lingua semita. Son aproximadamente uns 7.000.000 h. Atribúeselle tamén o nome de amharas ao conxunto formado polos amharas, os tigrés, os tigriñas e os hararis.
-
s
m
[LING/LIT]
Lingua semítica do grupo de linguas etíopes, oficial de Etiopía, falada por uns 7 millóns de persoas das zonas centrais. O amhárico, con fonda influencia do substrato cuixítico, desenvolveuse a partir do galla ou etíope antigo, a raíz da constitución, no s XIII, do novo imperio. É fundamentalmente unha lingua falada e só se coñecen uns poucos restos literarios: os máis antigos datan do século XIV e son de carácter popular.