amiduro
amiduro
-
s
m
[QUÍM]
Nome xenérico das substancias de fórmula MNH 2 , que derivan do amoníaco por substitución dun hidróxeno por un metal. Os máis importantes son os dos metais alcalinos, que son compostos iónicos que se obteñen por reacción directa do metal co amoníaco gasoso a temperatura elevada. Os amiduros teñen propiedades deshidratantes.
-
ión amiduro
Nome co que é coñecido o anión NH 2 . É unha base de Brønsted moi forte.