amigable

amigable

(< amigo)

  1. adx

    Dito ou feito propio dun amigo, feito con amizade.

    Ex: España e Perú son dous países que manteñen relacións amigables.

  2. adx

    Que obra, que ten lugar pola vía da reconciliación.

    Ex: Celebraron un encontro amigable nun lugar proposto por ambas as partes.

  3. adx [DEP]

    Aplícase a un encontro deportivo xogado sen loitar por un trofeo, só por deporte.

    Ex: Xogaron o torneo amigable de verán e gañaron por cinco a cero.

  4. [INFORM]

    interface amigable.

Palabras veciñas

amiforme | Amiga | AMIGA | amigable | amigar | amígdala | amigdalato