Amigos, sociedade dos

Amigos, sociedade dos

Confesión cristiá fundada en Inglaterra por George Fox no ano 1668. Os seus membros, chamados amigos ou amigos da Verdade, axiña foron denominados cuáqueros. Sofreron diversas escisións, aínda que teñen en común a afirmación da superioridade da ‘luz interior’ (the inward light) que xunto co Espírito Santo, guía a cada fiel uníndoo máis estreitamente a Cristo. Teñen prohibido o xuramento e néganse a facer o servizo militar. O culto redúcese á oración en silencio. Gobérnanse a base de decisións que se toman nas reunións (meetings). William Penn colonizou, xunto con cuáqueros fuxitivos da revolución inglesa, a rexión de América do Norte que, na súa honra, foi chamada Pensilvania.