Amigos del País de Santiago, Real Sociedad Económica
Institución fundada o 19 de xullo 1784 por Antonio Páramo y Somoza, cóengo da catedral de Santiago, xunto con outros eclesiásticos, universitarios, comerciantes, militares e nobres. A guerra e a inestabilidade política do país no primeiro cuarto de século motivaron a súa inactividade ata 1934. Os seus obxectivos ían encamiñados a arranxar os problemas da sociedade galega e as necesidades dos composteláns en todos os campos: educación, industria, pesca, agricultura ou gandería. Elaboraron informes e publicaron semanarios para denunciar a situación de atraso e explotación que sufrían os galegos -sobre todo no campo, na pesca e na emigración- co fin de buscar solucións xurídicas prácticas. Promoveron o establecemento do ferrocarril en Galicia e a creación da Caja de Ahorros de Santiago (1880). Estableceron, así mesmo, academias de debuxo, música, comercio, artes e oficios ou escolas de adultos, entre outras.