Amigos dos Castelos, Asociación Española

Amigos dos Castelos, Asociación Española

Sociedade creada o 22 de febreiro de 1957 por José Benito Pardo e Pardo. Dende novembro de 1966 depende da Asociación Española de Amigos de los Castillos -tendo en Galicia unicamente a sección provincial de Lugo- que está presidida por Carlos Ferreiro Rodríguez. O seu marco de actuación xira ao redor de castelos e fortalezas, ademais doutros monumentos como pazos, mosteiros, catedrais ou igrexas. Organizan visitas aos monumentos máis destacados de España e Europa e, desde 1964, convocan ciclos de conferencias, entre outros actos.