2-aminoantraquinona

2-aminoantraquinona
s f [QUÍM]

Produto intermediario na fabricación de colorantes antraquinónicos, que se obtén por redución da 2-nitroantraquinona ou por aminación do ‘sal de prata’. Forma cristais vermellos que funden a 320°C, insolubles en auga e solubles nos solventes orgánicos.