Amitābha

Amitābha
[RELIX]

Un dos principais bodhisattva do budismo mahāyāna. Segundo a tradición, Amitabha prometeu que non accedería á beatitude final ata a salvación de todos os seres. Reina en Occidente nun paraíso ou país puro no que só se entra coa fe e a entrega a Amitābha. Esta doutrina, que se explica na popular sūtra, Sukhāvatī Vyūha, estendeuse por China, onde se mesturou inicialmente co taoísmo e onde o Amituo se representa en forma de figura sobre a fronte de Guanyin (Avalokite’s-vara). Foi introducida en Xapón a partir do século XII; os seus seguidores (Jōdo mon) dividíronse en diversas sectas.

Palabras veciñas

amistade | amistar | amistoso -sa | Amitābha | amito | amitose | amitótico -ca