amorear

amorear

(< morea)

  1. v t

    Facer un montón sen ningunha orde.

    Ex: Amorearon un feixe de neumáticos diante da porta impedindo a saída.

    Sinónimos: achegar, acumular, afatar, amasar, apiñar, achegar.
  2. v t

    Amontoar, aglomerar, reunir nun grupo.

    Ex: Amoreou todos os seus amigos ó redor da súa tarta de aniversario.

    Sinónimos: acumular.
  3. v pron

    Colocarse unha cousa sobre outra, formando unha morea ou moreas.

    Ex: A neve amoreábase nas abas da montaña.

  4. v pron

    Situarse de súpeto, no mesmo espazo e momento, en gran cantidade.

    Ex: Amoreáronse todos diante da porta de entrada ó campo de fútbol.

  5. v t [ARTESAN]

    No adobo vexetal, poñer as peles ao saír do batán formando moreas e deixándoas repousar, xeralmente entre 12 e 48 horas, cubríndoas a fin de minimizar a oxidación e o secamento. O obxectivo é facilitar a fixación, sobre a substancia dérmica, dos taninos ou combinados.

Conxugar
VERBO amorear
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amoreo
amoreas
amorea
amoreamos
amoreades
amorean
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amoreaba
amoreabas
amoreaba
amoreabamos
amoreabades
amoreaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amoreei
amoreaches
amoreou
amoreamos
amoreastes
amorearon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amoreara
amorearas
amoreara
amorearamos
amorearades
amorearan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amorearei
amorearás
amoreará
amorearemos
amorearedes
amorearán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amorearía
amorearías
amorearía
amoreariamos
amoreariades
amorearían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amoree
amorees
amoree
amoreemos
amoreedes
amoreen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amorease
amoreases
amorease
amoreasemos
amoreasedes
amoreasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amorear
amoreares
amorear
amorearmos
amoreardes
amorearen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
amorea
-
-
amoreade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amorear
amoreares
amorear
amorearmos
amoreardes
amorearen
Xerundio amoreando
Participio amoreado
amoreada
amoreados
amoreadas