amoroso -sa

amoroso -sa

(< amor)

  1. adx

    Que sente amor.

    Ex: É unha persoa amorosa, especialmente cos da súa familia.

  2. adx
    1. Que denota, que manifesta amor.

      Ex: Tivo un xesto amoroso co seu fillo máis novo.

    2. Inspirado polo amor.

      Ex: Dedicoulle unhas amorosas palabras na cea de homenaxe ó seu pai.

  3. adx

    Afectuoso, agradable ao tacto ou aos sentidos en xeral.

    Ex: É unha roupa amorosa ao tacto.

  4. adx

    Suave, brando, que é bo de traballar (aplicado ás cousas).

    Ex: É un tecido amoroso para facer calquera peza de roupa.

  5. adx [METEOR]

    Suave, apacible, tranquilo; dise do tempo, do mar e de calquera fenómeno meteorolóxico.

    Ex: Está un día ben amoroso para ir á praia.