amorrita
-
adx
Relativo ou pertencente aos amorritas ou á súa lingua.
-
s
[HIST]
Antigo pobo semita de Oriente Próximo e de Oriente Medio, que viña, segundo parece, do deserto de Siria. Xa se fala deles en textos da dinastía I sumeria de Uruk (2700 a C). A partir da dinastía de Accad (2371-2191 a C) aparecen regularmente nas fontes acadias, e entre os anos 2300 e 1800 a C a súa numerosa poboación permitiu que se estenderan polo S de Mesopotamia. En época de Ibbi-Sin os amoritas puxeron fin á dinastía III de Ur e ao país sumerio, e crearon diversos reinos máis pequenos (Larsa, Kish, Sippar e outros). O máis importante destes reinos estaba rexido por Hammurabi (1792-1750 a C) que acabou por unificalos baixo un único estado. Impuxéronse no N a Asiria e máis a Siria (Mari, Alepo, Qatna, Ugarit). A partir do ano 1800, houbo un declive en favor dos hurritas, que acabaron por impoñerse no Reino de Minanni (1600-1000 a C).
-
s
m
[LING]
Antiga lingua semítica pertencente ao grupo setentrional central. Propia dos amoritas, dela non se conserva ningún escrito, pero aparece documentada en máis de 2.000 nomes propios dispersos, principalmente nunha serie de táboas finas en lingua acadia e, en segundo lugar, nos Textos de Execración exipcios das dinastías XII-XIII e máis nos escritos ugaríticos dos ss XIV-XIII a C.