amortización
(
-
s
f
Acción e efecto de amortizar.
Ex: A amortización dos cartos do piso poderemos facela en quince anos.
-
s
f
[ECON]
-
amortización contable
Depreciacións ou diminucións de valor de determinados elementos patrimoniais, por causas diversas a través do tempo, que se reflicten na compatibilidade. Isto é, a expresión contable das depreciacións dos elementos integrantes da estrutura fixa (activo inmobilizado ou fixo) orixinados polo uso, o desgaste e máis o envellecemento técnico. Os seus obxectivos son principalmente repartir entre os exercicios contables afectados o importe dun gasto que ten que ser efectuado ou que se efectúa nunha única vez; deducir no valor contable dos bens non inmediatamente funxibles unhas cotas que representan a parte que, segundo o desgaste e o envellecemento previstos, contribúen á obtención da produtividade do exercicio e á constitución dunha reserva para a restitución do elemento amortizado.
-
sistemas de amortización contable
Sistemas que teñen como obxectivo esquematizar os procesos de depreciación e simplificar deste xeito o cálculo das cantidades e o tempo de amortización. Os máis importantes son: o sistema lineal, o de tanto fixo, o americano e o de amortización variable. O sistema lineal ou de cotas fixas consiste en amortizar en todos os exercicios ou, en xeral, en cada período de amortización, unha cantidade fixa igual á enésima parte do valor amortizable. Denomínase lineal porque tanto o valor residual coma as cotas de amortización acumuladas responden na súa formación a unha función matemática que ten como representación gráfica unha liña recta. O sistema de tanto fixo de amortización sobre o valor inicial variable non determina o tanto por cento que periodicamente se toma sobre o valor variable pendente de amortización ao inicio de cada exercicio; obtense unha amortización decrecente indefinida. O sistema americano ou Cole consiste en determinar previamente o número de anos de vida útil a partir da cifra que os representa, que se suma á serie natural dos números desde a unidade. O sistema de amortización variable baséase na consideración de que os rendementos dos activos varíen segundo o tempo do seu uso ou explotación e pretende establecer un coeficiente de variación da cota de amortización.
-
amortización contable
-
amortización financeira
[ECON]
Liquidación do activo fixo, conversión periódica deste activo en dispoñibles que proporcionen á empresa recursos líquidos para realizar novos financiamentos, inversións ou repartos aos accionistas. Este sistema de amortización aplícase especialmente no caso de que os elementos patrimoniais estivesen fixados mediante préstamos a longo prazo ou empréstitos; por este motivo, a amortización de préstamos e empréstitos é a segunda acepción importante do termo amortización financieira. O fundamento deste tipo de amortización é a concepción do ben patrimonial como un capital frutífero que necesita destinar parte da utilidade que produce á súa substitución. Os sistemas de amortización financeira son os que dan transcendencia na orde económica contable das amortizacións ao fenómeno de interese. Clasifícanse en simples e compostos. Nos dous tipos de sistemas as cotas de amortización teñen que ser concretadas ou materializadas en elementos patrimoniais capaces de producir un rendemento. Este rendemento, sen embargo, pertence ao concepto de activo fondos de amortización e non poden ser considerados como un beneficio de explotación. A diferenza entre sistemas simples e compostos consiste en que os primeiros parten do principio de que as cotas e máis os seus intereses teñen que reconstruír o valor inicial, mentres que os segundos pretenden reconstruír o valor final. A amortización de préstamos e empréstitos é unha amortización financeira que trata sobre a reconstrución do valor total -capital e mais os seus intereses- dos préstamos e dos empréstitos. Os tipos de préstamo, segundo a forma de liquidación, clasifícanse en préstamos amortizables por un reembolso único e préstamos amortizables mediante unha serie de pagamentos que constitúen unha renda, e os termos desta renda comprenden os intereses do capital e unha cota de amortización destinada á extinción desta débeda. Con este sistema hai que sinalar os procedementos seguintes: amortización por cotas fixas do capital ou da anualidade constante, sistema de fondos de amortización, sistema francés ou de amortización progresiva e sistema alemán ou de pagamento de intereses por anticipado.
-
amortización de censos
[DER]
Incremento que experimentaba a pensión censual cando, polo feito de ter pasado a propiedade sometida a enfiteuse, desaparecía de feito a expectativa de percibir laudemios en futuras transmisións. É un termo de carácter arcaico.