ampelita

ampelita

(

s f [XEOL]

Xisto negro arxiloso rico en residuos orgánicos. Contén unha gran cantidade de sulfato de ferro que provén da descomposición da pirita. É unha rocha que abunda nos Pireneos, onde a miúdo contén graptólitos. Antigamente utilizábase como fertilizante para videiras.

Palabras veciñas

ampear | ampel(o/i)- | ampelidácea | ampelita | ampelófago -ga | ampelografía | amperaxe