Amulio

Amulio

Rei lendario de Alba Longa que destronou ao seu irmán Numitor, matou o seu fillo e fixo que ingresaran a súa filla, Rea Silvia, no collegium das vestais para que non tivese descendencia. Non obstante , Rómulo e Remo, fillos desta e de Marte, lograron matar a Amulio e devolvéronlle o trono ao seu avó Numitor.