anacardio

anacardio

(< gr ἀνάκαρδος)

    1. s m [PLANTA]

      Árbore de follas alternas, simples e coriáceas, e de flores irregulares, propio de América Central e moi cultivado nos países cálidos pola súa froita, que tamén recibe o nome de anacardio, e pola súa madeira.

    2. s m [BOT]

      Pedúnculo carnoso e piriforme do froito do anacardo, zumarento, agridoce, recendente e comestible. Do produto carnoso obtense, por fermentación, unha bebida alcólica. Como froito seco emprégase en repostería e como aperitivo.

  1. s m [QUÍM]
    1. Exudado da casca do anacardo. Goma dura de diversas aplicacións como tintas, insecticidas, produtos farmacéuticos, vernices, encadernacións, etc.

    2. líquido de anacardio

      Líquido que se obtén da pel do froito do anacardo. Os seus principais compoñentes son o ácido anacárdico (90%), un difenol e un produto vesicante. Ten aplicacións técnicas importantes (vernices, plastificantes, insecticidas, tintas, etc).