anada
anada
(< ano)
-
s
f
[AGR]
Maior ou menor cantidade de froitos dunha especie ou conxunto de froitos que produciu a terra nun ano determinado.
Ex: Recibimos como premio unha boa anada.
Sinónimos: colleita. -
s
f
Crías dun animal que nacen ao mesmo tempo.
Ex: A anada de porquiños encheu de ledicia toda a casa.
-
s
f
Aquilo que comporta cada ano unha renda, censo, soldo, que se paga por anos.
Ex: Temos que pagar a anada no próximo mes de abril.
-
s
f
Período dun ano dun emprego.
Ex: Na última anada construímos tres edificios.
-
s
f
[ENOL]
Viño dunha colleita determinada.
Ex: Este viño pertence á mellor anada que tivemos en moito tempo.