anaeróbico -ca

anaeróbico -ca

(< anaerobio)

  1. [BIOL]
    1. adx

      Relativo ou pertencente aos organismos anaerobios ou á anaerobiose.

    2. respiración anaeróbica

      Calquera vía catabólica na que a enerxía se obtén de compostos orgánicos en ausencia de osíxeno libre. A glicólise e a fermentación alcohólica son dous exemplos.

  2. adx [IND]

    Dise dos motores que non utilizan o osíxeno como comburente. Estes motores van provistos de depósitos de combustible e de comburente.

  3. resistencia anaeróbica [FISIOL]

    Capacidade dos músculos de soportar esforzos relativamente prolongados en condicións de débeda de osíxeno constante, de xeito que se activen funcións metabólicas musculares alternativas á respiración celular, como por exemplo a fermentación do piruvato con produción de lactato.

Palabras veciñas

anadiplose | anádromo -ma | Anae | anaeróbico -ca | anaerobio -bia | anaerobionte | anaerobiose