analéptico -ca
analéptico -ca
(< lat analeptĭcus
-
adx
Que dá forzas, que restablece as forzas.
Ex: Aconselláronlle un réxime analéptico logo da súa hospitalización.
-
s
m
[BIOQ]
Estimulante do sistema nervioso central, en especial do bulbo raquídeo e particularmente dos centros respiratorio e vasomotor. Ten unha acción preponderante sobre o aparello circulatorio periférico, que fai aumentar inmediatamente o volume de sangue circulante e que mellora, deste xeito, a osixenación dos tecidos e dos órganos principais. Os empregados actualmente son derivados, entre outros, dos tetrazólicos, da efedrina ou do ácido nicotínico. Empréganse como tónicos cardíacos e estimulantes en casos de shock, colapso, intoxicación ou asfixia.