Ancora Producións

Ancora Producións

Compañía profesional de teatro creada por Ánxela García Abalo e Gustavo Pernas Cora en 1989. A súa liña de traballo está orientada á posta en escena de espectáculos a partir dos textos de Gustavo Pernas, actor e responsable igualmente da dirección de escena. O seu primeiro espectáculo O galego, a mulata e o negro (1990) quedou finalista dos Premios Compostela de Teatro, mentres que Ladraremos (1996) e Fábula (1997) foron nominados como mellor Espectáculo na primeira e segunda edición dos Premios María Casares. Estas dúas últimas propostas conforman, con Anatomía dun hipocondríaco (1998), unha triloxía que constitúe unha divertida e aceda reflexión sobre as paranoias que provoca no individuo a sociedade actual.

Palabras veciñas

ancóneo | áncora | Áncora | Ancora Producións | Áncora, El | Áncora, Fundación | ancoradoiro