Ancoradoiro
Ancoradoiro
Banda de Gaitas fundada en Ribeira no 1983. Pódese considerar como unha das pioneiras dentro do panorama das bandas de gaitas de Galicia. Está dirixida por Xosé Romero, destacado compositor e músico. A Escola Municipal de Gaitas de Ribeira é a que nutre de gaiteiros esta agrupación. Durante estes dezaseis anos foron incluíndo maior complexidade estrutural e de harmonías, para engadir a experimentación, sempre enmarcada nunha concepción polifónico-musical clásica, enriquecedora musicalmente, no que prima o factor da música entendida por galegos e interpretadas dun xeito persoal e cun carácter e raíz de seu. Ancoradoiro ten dous discos no mercado: Andaina e Sui Generis.