ancorense
ancorense
(< topónimo Áncora)
[ARQUEOL]
Tecnocomplexo arqueolóxico do litoral portugués caracterizado por unha industria lítica sistematizada a comezos do s XX, a partir do depósito arqueolóxico de Vila Nova de Áncora. Debido á procedencia deste complexo técnico, ao aire libre e fóra de todo contexto estratigráfico, existe unha forte polémica arredor do seu significado. As propostas máis acreditadas na actualidade sosteñen que se trata dun conxunto lítico vencellado ao Asturense, que ten un valor semellante ao Camposanquense. É un complexo propio do Paleolítico Medio semellante ao Languedocense.