Andhra Pradesh

Andhra Pradesh

Estado da India ao L da Península Indostánica (275.068 km2; 71.800.000 h [1994]). Está constituído por un altiplano montañoso interior (Nallamalla, Velikonda, Erramala e Palkonda ao S) e unha chaira costeira, continua ao S e discontinua ao N, na que se atopan os deltas dos ríos Kistna e Godāvari. O clima está determinado polo monzón do SO cunha estación seca de outubro a marzo. A súa economía baséase na agricultura (ó seren os seus principais cultivos o arroz, o millo, os legumes e a cana de azucre) e na importante gandería bovina. Así mesmo, salienta un sector secundario baseado en pequenas industrias de azucre, papel, tabaco e química, principalmente en Hyderābād e Vishākhapa ṭṭ am. A súa poboación é de maioría hindú, aínda que tamén hai minorías musulmanas, cristiás e tribais. O idioma oficial é o telugu, sen embargo, os musulmáns falan o urdu e o inglés está moi espallado. A capital é Hyderābād.

Palabras veciñas

Andévalo, El | Andexo | andhra | Andhra Pradesh | andi | andia | Andia