acuático -ca
(< lat aquatĭcu)
-
adx
Relativo ou pertencente á auga.
Ex: O wáter-polo é un deporte acuático.
-
adx
Que vive na auga.
Ex: O estanque do pazo de Oca está cheo de plantas acuáticas preciosas.
-
teoría acuática
[ANTROP]
Teoría proposta por Estenhofer (1912), actualmente defendida por E. Morgan, que propón unha fase acuática na evolución humana. Esta teoría procura dar resposta a unha aparente contradición existente entre os primates non humanos e os humanos: os primeiros están cubertos de pelo, ao contrario do que acontece cos humanos, de pel tersa e lampiña. Segundo Morgan, os nosos antepasados trasladáronse aos litorais do trópico na procura de alimentos e fuxindo de depredadores. Neste momento de contacto coas augas perderon a súa cuberta capilar, fixéronse máis hidrodinámicos e conservaron o pelo unicamente na cabeza, para protexer o cranio do sol e como agarradoira para as crías nos intres de nado das nais.