anatocismo
anatocismo
(< lat anatocismu < gr ἀνατοκισμόςdeτόκος‘interés’)
s
m
[DER]
Feito de producir novos xuros aos xa vencidos, é dicir, xuros dos xuros. Prohibido na lexislación canónica e romana, non foi admitido ata o código de Napoleón. Asumido con restricións nas modernas lexislacións, na española admítese cando se reclaman de xeito xudicial ou se está así pactado no contrato. Está prohibido entre os comerciantes.