Andrónico II Paleólogo, o Vello

Andrónico II Paleólogo, o Vello

(Nicea 1258 - Constantinopla 1332) Emperador de Bizancio (1282-1328). Fillo de Miguel VIII. Asociado ao imperio polo seu pai, tomou ao seu servizo a Compañía Catalana de Roger de Flor contra os turcos ( almogáver). Anexionou a rexión de Valaquia (1318) e protexeu a colonia xenovesa contra Venecia. Desfixo a unión con Roma (Lión 1274) e depuxo ao seu partidario, o Patriarca de Constantinopla Xoán XI. Despois da guerra civil que mantivo co seu neto Andrónico III, foi vencido e deposto (1328).