aneurisma

aneurisma

(

  1. s m [PAT]

    Bolsa formada pola dilatación das paredes dunha arteria nun punto delimitado e en comunicación coa luz do vaso. A miúdo causa hemorraxias, embolias e lesións dos órganos circundantes. Pode ser conxénita ou conseguinte a unha acción patolóxica posterior ao nacemento. O aneurisma desecante, localizado moi frecuentemente na aorta, prodúcese pola infiltración de sangue entre as paredes da arteria; o aneurisma arteriovenoso relaciónase cun saco aneurismático que comunica unha arteria cunha vea; e o aneurisma micótico é o producido por un axente infeccioso.

  2. aneurisma cardíaco [PAT]

    Dilatación dunha parte dun ventrículo do corazón semellante a un aneurisma, causada por un infarto de miocardio.

  3. aneurisma verminoso [VETER]

    Enfermidade ocasionada por nematodos que parasitan na capa muscular das arterias de diversos mamíferos (cabalos, tenreiros, etc), especialmente dos individuos novos.

Palabras veciñas

anetol | aneuploide | aneuploidia | aneurisma | aneurismal | aneurismorrafia | anexar