anfitionía
anfitionía
(< gr ἀμϕικτιονία)
s
f
[HIST]
Liga de doce cidades estado gregas organizadas ao redor dun santuario, recoñecido por todos como a cabeza e a protección divina destas. A liga administraba o santuario, organizaba os xogos e arbitraba conflitos entre os seus membros. Foi a orixe do panhelenismo, das guerras sagradas e da intervención macedónica. Orixinariamente era unicamente o santuario de Deméter, en Antela (Tesalia). Reunía os tesalonicenses, os beocios, os dóricos, os xónicos, os locrenses, os aqueos de Ftiótide, os focenses, os dólopes, os magnesios e a outros pobos. Houbo outras anfitionías, como a de Xonia, arredor do templo de Posidón, e a de Dóride, arredor do de Apolo.